Novas

mércores, 10 de xuño de 2020

A nova elección dos membros das mesas electorais levarase a cabo o próximo luns, día 15

O sorteo realizado para os comicios autonómicos que se ían celebrar o 5 de abril quedou sen efecto, polo que as notificacións que se enviaron ás persoas designadas xa non son válidas


O Concello de Ferrol celebrará o próximo luns, 15 de xuño, un pleno extraordinario no que se designará, mediante sorteo, aos membros das mesas electorais para os comicios autonómicos do próximo 12 de xullo. O pasado 9 de marzo xa se levara a cabo o sorteo para as eleccións convocadas para o 5 de abril, pero, ao ser canceladas debido á crise epidémica e á declaración do estado de alarma no país, os nomeamentos quedaron sen efecto. Así, os cidadáns que xa recibiran notificacións deben facer caso omiso delas, xa que a partir do próximo luns remitiranse as definitivas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar