Novas

mércores, 10 de xuño de 2020

O Concello permite a reapertura dos centros cívicos e os locais sociais municipais

O alcalde vén de comunicalo mediante un bando no que lembra que dentro destas instalacións deben respectarse as medidas preventivas e os límites de afluencia contemplados na guía da fase 3 publicada polo Ministerio de Sanidade


O Concello de Ferrol permite dende hoxe a reapertura dos centros cívicos e locais sociais municipais, xestionados pola Administración local ou polas entidades asociativas. O alcalde, Ángel Mato, firmou na tarde de onte un bando no que detalla que, en aplicación da fase 3 do plan para a transición cara unha nova normalidade, se volve permitir a actividade nestes recintos. O documento lembra que se deben observar tanto as medidas preventivas coma os límites de afluencia de persoas referentes a, entre outras, actividades culturais, deportivas e turísticas, contemplados na guía publicada polo Ministerio de Sanidade o pasado 31 de maio. Tamén que estas instalacións se regularán polo establecido na Orde do Ministerio de Sanidade SND/458/2020, publicada o 30 de maio, e demais normas aprobadas polas Administracións públicas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar