Novas

mércores, 10 de xuño de 2020

Corte na subministración de auga a noite do venres en varios puntos da cidade

A intervención terá lugar entre as 0.00 horas e as 5 horas do día 12 en zonas de Santa Cecilia, Parque Ferrol, San Pablo, avenida de Santa Mariña, estrada de Catabois, Porta de Neira, camiño de Pazos, o CAMF e os hospitais Naval e Novoa Santos


 A empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa) indica que debido á necesidade de realizar un mantemento do grupo de presión é preciso realizar un corte no subministración o venres 12 de xuño, dende ás 0:00 ata ás 5:00. As zonas afectadas serán Santa Cecilia (ata AP-9), Parque Ferrol, estrada de San Pedro, avenida de Santa Mariña, estrada de Catabois (dende a rotonda AG-64 ata a AP-9), zona sindical de San Pablo, zona Porta de Neira e, por último, o camiño de Pazos. Ademais, o Hospital Naval, o Hospital Novoa Santos e o Centro de Atención a persoas con discapacidade física (CAMF) tamén se verán afectados. 


O corte na subministración realizarase en horario nocturno para minimizar as molestias ocasionadas polo mesmo. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar