Novas

xoves, 11 de xuño de 2020

O Concello deixará en sentido único a rúa de Celso Emilio Ferreiro e habilitará un camiño peonil

O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, explicou a representantes veciñais de Canido que a intervención estará rematada antes do inicio do curso escolar


O Concello deixará en sentido único a rúa de Celso Emilio Ferreiro e habilitará un camiño peonil

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Seguridade e Tráfico, que dirixe Germán Costoya, vai a habilitar o sentido único do tráfico de forma permanente na rúa Celso Emilio Ferreiro, en Canido, en dirección á estrada Alta. 


A reordenación desta vía inclúe tamén un paseo seguro de 1,8 metros de ancho no lateral próximo á Malata que estará separado da calzada para vehículos, de 3,5 metros de ancho para o seu único sentido, por unha fila de bolardos. Este novo camiño peonil abarcará desde a estrada Alta ata a rúa Maiola e supoñerá unha alternativa segura para os estudantes que acudan a diario ao IES Canido e a outras escolas cercanas.

O fin desta intervención, que estará rematada antes do inicio do próximo curso escolar, “é avanzar na protección dos nosos estudantes no seus traxectos diarios aos centros de ensino”. Dita actuación, que afecta a unha vía “moi transitada”, detallou Costoya, forma parte das actuacións que “leva a cabo o Concello de cara mellorar a seguridade viaria”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar