Novas

xoves, 11 de xuño de 2020

Conclúen as obras para arranxar as deficiencias na urbanización Fenya

O alcalde, Ángel Mato, acompañado pola concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, percorreu a parcela na que hai tres anos afundira o terreo e vencera o muro que o soportaba


Conclúen as obras para arranxar as deficiencias na urbanización Fenya

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañado pola concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, visitou esta mañá a urbanización Fenya, onde acaban de rematar os traballos para arranxar as deficiencias detectadas na urbanización AEI-13 Fenya. O rexedor e a edil percorreron os xardíns xunto con técnicos municipais e comprobaron o estado da zona unha vez o Concello recibiu as obras. 


Os problemas na parcela onde se asentaba a antiga Fenya comezaron hai arredor de tres anos, cando afundiu o terreo e venceu o muro de contención que o soportaba, o que afectou aos xardíns e á zona contigua onde se encontra a escola infantil Virxe de Chamorro. 

O proxecto para arranxar as deficiencias na urbanización incluíu a retirada do mobiliario urbano, o saneo e reposición do terreo, a demolición dos muros existentes e a execución de novos muros, a renovación das instalacións de alumeado, rego e pluviais, a renovación da pavimentación e a reposición do mobiliario. O prezo do contrato foi de 120.939,50 euros (IVE incluído). 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar