Novas

xoves, 11 de xuño de 2020

Julián Reina reúnese con hostaleiros e comerciantes de Esteiro para abordar a marcha da desescalada

O concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación escoitou as impresións dos responsables dos establecementos e trataron asuntos como a posible unificación dos toldos en consonancia co mobiliario


Julián Reina reúnese con hostaleiros e comerciantes de Esteiro para abordar a marcha da desescalada

O voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, reuniuse no día de onte con representantes da Asociación de Hostaleiros e Comerciantes do Barrio de Esteiro (Ahcobe) para abordar a forma na que a desescalada está a afectar aos seus establecementos. Trataron asuntos como a colocación nas súas terrazas das mesas e cadeiras autorizadas polas directrices recollidas en cada unha das fases deseñadas polo Goberno central e avanzaron no estudio da posibilidade de unificar os todos dos establecementos, en consonancia co mobiliario. De igual modo, o concelleiro Reina escoitou as súas impresións e reivindicacións. 


O edil quixo aproveitar o seu encontro con representantes da hostalería e comercio de Esteiro para mostrar o “firme” apoio do goberno local na promoción do sector, segundo explicou, e repasou con eles unha batería de propostas de eventos para desenvolver ao longo do ano co obxectivo de promocionar o barrio. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar