Novas

venres, 12 de xuño de 2020

Un total de 70 aspirantes realizarán a próxima semana as probas para cubrir 45 prazas de socorristas

Os solicitantes poderán realizar os exercicios de piscina o día 18 e a fase escrita para optar á praza de coordinador de praias e ás sete de responsable de casetas o venres 19


Un total de 70 aspirantes realizarán a próxima semana as probas para cubrir 45 prazas de socorristas

A convocatoria do Concello de Ferrol para a contratación en réxime laboral temporal de 45 socorristas para prestar labores de vixilancia e salvamento nas praias de Ferrol durante a tempada de verán recibiu un total de 70 solicitudes unha vez rematou o prazo de presentación a comezos desta semana. Dos 45, un desenvolverá as funcións de coordinador de praias e outros sete as de coordinador de caseta. 


Unha vez revisada a documentación, os aspirantes poderán facer os exercicios na piscina o próximo xoves 18. Ao día seguinte, o venres 19, celebrarse a proba escrita para os que opten á praza de coordinador de praias e ás sete de responsable de casetas, segundo explicou o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya. 

Á espera da subvención da Xunta 
Unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes e a unha semana de comezar a proba de piscina e a escrita, o Concello de Ferrol está á espera de recibir a subvención da Xunta destinada á contratación de máis socorristas. O pasado ano dita axuda cubriu oito prazas, que se destinaron as praias da Graña e Caranza. Segundo explicou Costoya, os profesionais que se contraten a través da subvención do goberno autonómico servirán para que se preste servizo nestas dúas praias.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar