Novas

mércores, 17 de xuño de 2020

O alcalde recibe no pazo municipal ao novo Xefe da Forza Loxística Operativa

Ángel Mato e o xeral de división Juan Francisco Arrazola Martínez, que se incorporou ao seu novo posto o pasado 23 de marzo, conversaron sobre a “firme” participación das Forzas Armadas na loita contra a expansión do covid-19


O alcalde recibe no pazo municipal ao novo Xefe da Forza Loxística Operativa

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, recibiu esta mañá no pazo municipal ao novo Xefe da Forza Loxística Operativa (FLO), o xeral de división Juan Francisco Arrazola Martínez. Acudiron tamén o portavoz do goberno local e do grupo socialista, Julián Reina, e a viceportavoz popular Martina Aneiros. 


Arrazola Martínez foi nomeado o pasado 23 de marzo e incorporouse ao seu posto na sede do Cuartel Xeral da FLO no Palacio de Capitanía Xeral da Coruña. O alcalde aproveitou a visita institucional a Ferrol do xeral de división para agradecerlle a “firme” e “incansable” participación das Forzas Armadas na loita contra a expansión do covid-19 durante o tempo que durou o estado de alarma. Ao rematar a reunión, Arrazola Martínez firmou no Libro de Ouro do Concello. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar