Novas

mércores, 17 de xuño de 2020

O goberno local explicou na comisión de Medio Ambiente as actuacións para acondicionar as praias para a tempada de verán

Estes días estanse levando a cabo as tarefas de reparación e mantemento das instalacións para que os areais estean listos. Os labores de limpeza de gabias e roza de vías da zona rural céntranse nestes momentos en Esmelle e Doniños


O goberno local detallou esta mañá aos grupos da oposición varias das actuacións que estes días se están a levar a cabo nas praias ferrolás de cara ao inicio da tempada de verán. Ao longo desta semana viñéronse realizando reparacións e labores de mantemento (hoxe mesmo os traballadores leváronas a cabo en Ponzos) e mañá mesmo faranse as probas de selección de socorristas. Do mesmo xeito, leváronse a cabo rozas nos accesos aos areais e proximamente vanse instalar as casetas para a incorporación do servizo de salvamento, que estará activo durante tres meses. 


Durante a Comisión Informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación celebrada hoxe, a concelleira Ana Lamas tamén fixo un repaso pormenorizado dos traballos de roza de vías e limpeza de gabias na zona rural, iniciados a principios de maio. Ata o momento, completáronse en Santa Icía, MandiáPapoi e Covas, aínda que nalgún caso vaise facer un novo repaso proximamente. En Esmelle estanse a realizar as rozas unha vez se concluíu a limpeza de gabias, un traballo tamén rematado en San Xurxo e que se está a levar a cabo en Doniños.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar