Novas

martes, 23 de xuño de 2020

O Concello remata a instalación de todas as casetas de socorristas

A primeira hora de hoxe operarios municipais colocaron a de Doniños e a comezos da semana quedaron montadas as da Graña, Caranza, Esmelle, Santa Comba e Ponzos


O Concello remata a instalación de todas as casetas de socorristas

O Concello de Ferrol vén de rematar hoxe mesmo a instalación das casetas para socorristas de cara á tempada estival. A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, indicou que a mediodía quedaron todas as estructuras colocadas logo de instalar a de Doniños. Esta semana montáronse tamén as da Graña, Caranza, Esmelle, Santa Comba e Ponzos. 


A mediados do mes de xuño púxose en marcha o plan de mantemento e reparación de varandas, pasarelas e instalacións das praias do municipio co fin de poñelas a punto para os meses de verán. Desde entón colocáronse numerosas papeleiras e contedores nos areais, tamén duchas, fixéronse traballos de roza nos accesos e montáronse pasarelas de madeira. 

O programa de intervencións, segundo explicou a edil responsable da área, ten como obxectivo “solucionar danos causados tanto polos temporais como por actos vandálicos” coa intención de que os areais “estean en perfecto estado de cara ao gozo dos asistentes”. O plan continúa coa conexión de augas das casetas, a instalación de aseos portátiles e a limpeza do areal, entre outras intervencións. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar