Novas

xoves, 25 de xuño de 2020

O concerto de Bonnie Tyler patrocinado polo Concello de Ferrol aprázase un ano

A nova data do espectáculo, programado en principio para o próximo 18 de xullo, será finalmente o 3 de xullo do 2021


Ante a situación xerada pola pandemia de coronavirus, a produtora do Festival Ferrol Verán, Run-Rum Axencia, decidiu, de acordo coa Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, patrocinador deste evento, aprazar a súa celebración. A data orixinal dos concertos, un dos cales ía ofrecer Bonnie Tyler, era o sábado 18 de xullo deste ano. Finalmente será o sábado 3 de xullo do 2021 . 


Todas as persoas que queiran recuperar o importe da súas entradas poderán facelo no mesmo punto de venta onde as mercaron, tanto nos locais de Ferrolterra (se as adquiriron fisicamente) como se o fixeron on-line. Neste caso deben enviar un e-mail a devoluciones@ataquilla.com indicando os datos da súa compra e nuns días realizarase o correspondente abono na súa conta bancaria. Ante calquera dúbida ou problema que puidera xurdir, pódense poñer en contacto coa produtora a través do correo electrónico runrum@runrumaxencia.com. 

De todos os xeitos, Run-Rum Axencia informa de que ditas entradas serán completamente válidas para o festival do próximo ano, polo que solicita a quen teña a intención de acudir que non efectúe a devolución para facilitar a organización dos concertos. Por outra banda, a empresa trasladoulle ao Concello que quere avanzar o seu agradecemento ao público pola súa “comprensión e paciencia”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar