Novas

venres, 26 de xuño de 2020

Máis de 75 emprendedores sumáronse xa ao proxecto “Ferrol Cidade Viva”

Trátase dunha iniciativa posta en marcha esta mesma semana polo Concello co fin de buscar a “sustentabilidade dos negocios e reactivar a actividade económica local”, segundo explicou a concelleira de Promoción Económica, María Teresa Deus


Máis de 75 emprendedores sumáronse xa ao proxecto “Ferrol Cidade Viva”

O proxecto “Ferrol Cidade Viva” conta xa con máis de 75 emprendedores inscritos despois de que a pasada semana a concelleira de Economía, Facenda e Patrimonio, Recursos Humanos, Emprego, Promoción Económica, Turismo, Estatística e Edusi, María Teresa Deus, presentara o plan deseñado polo Concello aos emprendedores da cidade. Trátase dunha iniciativa coa que o equipo de goberno quere dar “impulso aos emprendedores da nosa cidade”, explicou Deus, e axudarlles a buscar a “sustentabilidade dos seus negocios ao tempo que reactivar a actividade económica local”. 


A maioría dos locais inscritos no plan ata o momento pertencen ao sector da moda, a saúde, a hostalería, a restauración e o lecer. Tamén se inscribiron no programa negocios do campo da enxeñería e consultoría, a decoración, a cultura, as novas tecnoloxías e do sector da automoción, entre outros. 

Tras a campaña de captación de emprendedores, que comezou o pasado luns, o próximo martes iniciarse a fase formativa. O plan inclúe nove sesións que se impartirán martes e xoves desde o 30 de xuño ata o 15 de xullo e que os participantes poderán seleccionar entre ao redor de 12 en función das súas necesidades e intereses. Entre elas están os métodos para coñecer mellor ao cliente e os seus hábitos de consumo, a venda baseada na neurociencia, venda e escaparatismo online, mellora das redes sociais e técnicas de promoción e venda cruzada, entre outras. 

De forma paralela recibirán asesoramento personalizado “co fin de potenciar os aspectos que sexan máis relevantes para eles. Queremos axudarlles a obter o máximo rendemento dos seus negocios, e para elo terán acompañamento individualizado”, explicou a concelleira de Promoción Económica. No mes de setembro continuarase coa formación e asesoramento e poñerse en marcha a terceira liña do programa, unha “ambiciosa promoción do noso comercio local co obxectivo de incentivar as compras e captar clientes”. Para elo hai programadas fórmulas como sorteos, descontos, premios directos e incentivarase especialmente as ventas cruzadas.  

“Ferrol Cidade Viva” tamén coas ferramentas dixitais 
O programa co que o Concello pretender darlle impulso ao comercio local no deixa de lado os recursos dixitais. Na posta en marcha da gran promoción dos negocios da cidade contarase cunha aplicación que terá dobre uso: os emprendedores poderán coñecer mellor aos seus clientes e estes contarán cunha ferramenta na que consultar descontos dos establecementos, sorteos, premios, incentivos ás ventas cruzadas e incluso os puntos acumulados para beneficiarse de promocións co fin de incentivar o consumo. O cliente poderá acceder a ela a través dun código QR que estará exposto nos establecementos participantes. Neste punto, María Teresa Deus explicou que “todo este proceso será moi sinxelo, ese é o noso obxectivo, facer a campaña o máis accesible posible”. 

Escoitar para obter os mellores resultados para a cidade 
“A nosa vontade”, explicou a concelleira, “é involucrar ao máximo número de negocios, queremos que este programa sexa o máis participativo posible para obter os mellores resultados para a cidade”. Nesta liña, a concelleira trasladou que o seu departamento “escoitará todas e cada unha das propostas que cheguen dos comerciantes e hostaleiros, é fundamental contar coas súas impresións e xa estamos estudando diferentes suxerencias”. 

Os comerciantes interesados en sumarse a este proxecto aínda poden enviar un correo electrónico a emprego@ferrol.es e os responsables do plan poñeranse en contacto con eles. O programa “Ferrol Cidade Viva” inclúe tamén unha “intensa” campaña de comunicación co fin de “sensibilizar aos veciños da comarca da importancia de apoiar o comercio e a hostalería de proximidade”. A concelleira lembrou aos emprendedores que o Concello vai a apoiar ao sector “na súa adaptación á nova situación” xerada pola crise sanitaria pola covid-19.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar