Novas

luns, 29 de xuño de 2020

O Concello celebrará unha xornada sobre as diversidades sexuais

A fachada principal do pazo municipal loce desde a pasada fin de semana unha pancarta coas cores do arco da vella que simboliza o seu apoio aos colectivos LGBTI


O Concello celebrará unha xornada sobre as diversidades sexuais

O Concello de Ferrol loce desde o pasado venres, e durante unha semana, unha pancarta coas cores do arco da vella simbolizando o seu apoio ás reinvindicacións dos colectivos LGBTI con motivo do Día Internacional das Diversidades Sexuais, que tivo lugar onte domingo. Ademais, desde a concellería de Igualdade, que dirixe Cristina Prados, programouse o alumeado da fachada do Teatro Jofre na pasada noite. 


Por outra banda, a edil responsable da área indicou que o Concello ten programada a celebración dunha xornada para a tarde do venres 24 de xullo na antiga capela do centro cultural Torrente Ballester con motivo do Día Internacional das Diversidades Sexuais, na que haberá un faladoiro, unha mesa debate e unha actuación musical. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar