Novas

martes, 30 de xuño de 2020

O Concello instala novos aseos nas praias

O plan de mantemento e reparación dos areais do municipio comezou este mes con labores de roza nos accesos e a instalación de novos carteis informativos e duchas


O Concello instala novos aseos nas praias

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Lamas, continúa co o plan de mantemento e reparación de elementos das praias do municipio posto en marcha este mes co fin de poñelas a punto de cara á tempada estival. No día de onte colocáronse aseos con retretes químicos nos areais de Ponzos, Santa Comba, San Xurxo, Doniños, Penencia, Cariño, Graña, Cabana e Caranza, que se unen ás instalacións existentes. Tamén se colocaron esta semana pasareas de madeira na Graña. 


Nos últimos días distribuíronse papeleiras de 120 litros e contedores de bolsa amarela e de residuos sólidos urbanos, realizáronse labores de roza nos accesos ás praias, renováronse os carteis informativos e colocáronse duchas. 

Lamas anunciaba a comezos de mes que o Concello poñería en marcha un programa de intervencións para “solucionar danos causados tanto polos temporais como por actos vandálicos” coa intención de que os areais “estean en perfecto estado de cara ao verán”, tarefas que se veñen desenvolvendo ao longo do mes de xuño. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar