Novas

martes, 30 de xuño de 2020

Unha reparación na rede de abastecemento de auga obrigará a cortar mañá un tramo de Espartero

Está previsto que o acceso dende a rúa de San Antonio permaneza pechado ao tráfico entre as 8.30 e as 15.00 horas


Unha reparación na rede de abastecemento de auga obrigará a cortar mañá un tramo de Espartero

Unha reparación na rede de abastecemento de auga obrigará a pechar á circulación parte da rúa Espartero mañá, mércores 1 de xullo. Será a partir das 8.30 horas e está previsto que os traballos se prolonguen ata as 15.00, momento no que, de cumprirse a programación das obras, se retirarán o valado e as sinalizacións, para permitir de novo o paso de vehículos. O corte afectará ao tramo situado tras o cruce con San Antonio, polo que nese punto o tráfico será desviado pola avenida de Breogán. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar