Novas

martes, 01 de setembro de 2020

Benestar Social firma na última semana nove novos convenios con entidades sociais por un importe de 43.000 euros

O Concello xa formalizou 24 das 42 subvencións aprobadas polo pleno municipal para este exercicio


Benestar Social firma na última semana nove novos convenios con entidades sociais por un importe de 43.000 euros

A concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, vén de formalizar na última semana nove novos convenios con entidades sociais da cidade por un importe total de 43.000 euros: Asociación Ex Alcohólicos de Ferrolterra, de 9.000 euros, Dignidad, (8.000 euros), Secretariado Gitano (3.000), Cogami (9.000), Aspanaes (5.000 euros), Manos Unidas (1.000), Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (3.000), Aspanemi (1.000), Banco de alimentos Rías Altas (4.000 euros). En total, 43.000 euros repartidos entre outras nove entidades. 


A estes nove convenios firmados na última semana súmanse os outros nove que a concelleira xa formalizou a comezos do pasado mes de agosto: Acción Familiar (3.000 euros), Asotrame (2.000), Alcer (6.000), Aspace (1.500), Ategal (1.000), Fundación Adra (3.000), Asociación Española contra Cancro (4.000), Agademo (1.200) e Fundación Meniños (1.000). En total, 18.

Outros seis de máis de 10.000 euros 
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, está a firmar no salón de plenos do pazo municipal os convenios con entidades sociais que superan os 10.000 euros de subvención. Nos últimos días rubricou acordos de colaboración con Cáritas, por un importe de 50.000 euros, Aspaneps (40.000 euros), Teima Down Ferrol (35.000), ASCM, (18.000), Asfedro, (17.000), e a Asociacións Párkinson Ferrol (12.000). Esta mesma semana firmará outro coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, de 27.000 euros. 

En total, o Concello xa firmou 24 das 42 subvencións nominativas aprobadas para este ano no pleno de finais de abril, cuxo importe total ascende a 357.400 euros. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar