Novas

martes, 01 de setembro de 2020

O Concello e a asociación de veciños de Caranza avanzan para retomar o mercadillo do barrio

O concelleiro de Mercados, Germán Costoya, e a presidenta da entidade veciñal, María del Pilar Rodríguez, mantén “estreita colaboración” para reanudar a actividade o antes posible


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Mercados, que dirixe Germán Costoya, e a asociación de veciños de Caranza avanzan para retomar a celebración do mercadillo do barrio. O concelleiro responsable da área e a representante veciñal, María del Pilar Rodríguez, mantén “estreita colaboración” e están a traballar de forma “conxunta e coordinada”, explica Costoya, co fin de reiniciar a feira o antes posible, que non se celebrará no mes de setembro. O concelleiro sinalou que o Concello anunciará proximamente a data na que terá lugar de novo o mercadillo. De igual modo anunciarase o reinicio da feira do Inferniño. 


Para preparar a volta á actividade tense en conta o cumprimento das medidas sanitarias decretadas para a nova normalidade, tanto no que atinxe á hixiene nos propios postos de venda coma no que se refire ao mantemento de distancias de seguridade que recolla a normativa en vigor no momento de celebrarse o mercadillo ou feira. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar