Novas

martes, 01 de setembro de 2020

O Concello iniciou o plan de mantemento e conservación das zonas públicas do Bertón, o Montón e do centro cultural Torrente Ballester

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Lamas, adxudicou a finais de agosto un contrato para ditas tarefas. O edil Julián Reina visitou onte o espazo verde do Bertón, onde xa traballan varios operarios


O Concello iniciou o plan de mantemento e conservación das zonas públicas do Bertón, o Montón e do centro cultural Torrente Ballester

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Medio Ambiente, Obras e Servizos, que dirixe Ana Lamas, vén de iniciar onte luns os traballos do plan de mantemento e conservación das zonas verdes públicas do Bertón, o Montón e do centro cultural Torrente Ballester, unha actuación adxudicada a pasada semana por un importe total de 13.471,92 euros. 


O voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, visitou na tarde de onte a zona verde do Bertón, onde xa traballan varios operarios da empresa adxudicataria, para interesarse pola marcha da intervención. Tal e como explicou a concelleira tras a adxudicación, ditas zonas non estaban incluídas no contrato de mantemento do ano 2013, polo que o goberno local vén de contratar traballos para a súa conservación con fin de “coidar” ditos espazos e dar resposta ás demandas veciñais. Tanto o parque traseiro do Torrente Ballester como a zona do Bertón e o Montón, entre outros espazos, estarán incluídos no novo prego do contrato de Xardíns, no que a concellería de Medio Ambiente está a traballar de forma “intensa”, explicou Lamas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar