Novas

mércores, 02 de setembro de 2020

O Concello saca a licitación o subministro e instalación da iluminación de Nadal

O prazo para presentar propostas remata o 16 de setembro. A plataforma de contratación publica tamén o anuncio do aglomerado de tramos na estrada Brión-Liñares-Martín-Espiño


O Concello de Ferrol publicou onte no seu perfil da plataforma de contratación do sector público o anuncio de licitación electrónica do subministro, instalación e desinstalación da iluminación ornamental da próxima campaña de Nadal, cun orzamento máximo de 149.946,02 euros (IVE incluido). O prazo para presentar ofertas conclúe ás 23.59 horas do próximo 16 de setembro. Este expediente foi aprobado pola Xunta de Goberno Local o pasado luns, e agora continúa a súa tramitación. 


O novo contrato inclúe a instalación de máis de 270 arcadas repartidas por diferentes barrios e zonas comerciais e a iluminación en árbores e columnas. Este ano cóntase tamén coa Praza de Armas, que estrea unha nova urbanización e que contará con 25 motivos para instalar nas ventas da fachada do pazo municipal. A iluminación estenderase á zona rural, con 40 arcadas e motivos navideños. 

O voceiro municipal, Julián Reina, explicou que os licitadores propoñerán a súa mellor opción para a dotación de iluminación ornamental nas prazas de España, Armas, Amboaxe, Cantón de Molíns, Alameda de Suances (rúa empedrada con iluminación en catenaria), dende a Praza da Constitución ata a rúa Carmen, e paseo de terra dende Praza de Galicia ata a Alameda de Suances e tamén na Praza do Cruceiro de Canido. As ofertas presentaranse de forma electrónica. 

O Concello de Ferrol tamén publicou onte no seu perfil da plataforma de contratación o aglomerado de tramos na estrada Brión-Liñares-Martín-Espiño, incluído no Plan Provincial de Obras e Servicios de competencia municipal Plan único de Concellos (POS+2018), por un importe de 214.527,07 euros (IVE incluído). O prazo para presentar ofertas conclúe ás 23.59 horas do próximo 21 de setembro. 

Dito camino, na parroquia de Brión, ten unha lonxitude de 2.407 metros e un ancho medio de 5,5 metros. O prazo de execución dos traballos é de 13 semanas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar