Novas

xoves, 03 de setembro de 2020

O alcalde reúnese cos veciños de Santa Icía para escoitar as súas demandas

Ángel Mato, xunto co concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Julián Reina, e o representante veciñal percorreu onte distintos puntos do barrio


O alcalde reúnese cos veciños de Santa Icía para escoitar as súas demandas

O alcalde, Ángel Mato, reuniuse na tarde de onte cos veciños do barrio de Santa Icía no local social da asociación veciñal para escoitar as súas demandas e atender as súas necesidades. O rexedor, acompañado polo concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Julián Reina, e o presidente da entidade veciñal, José Ramón Mosquera, percorreu distintos puntos do barrio para comprobar o estado de distintos espazos. 


O alcalde, tras conversar cos veciños e escoitar as súas inquietudes, anuncioulles que o Concello de Ferrol, a través das concellerías de Urbanismo e a de Obras e Servizos, que dirixe Ana Lamas, está a traballar para mellorar o barrio e atender as reclamacións de hai tempo dos veciños. 

Neste senso, Mato indicou que o Concello segue mantendo contacto cos veciños de Santa Icía, do mesmo xeito que co resto de entidades veciñais, co fin de avanzar na mellora da cidade e da zona rural. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar