Novas

venres, 04 de setembro de 2020

O Concello firma un convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra por un importe de 27.000 euros

O alcalde, Ángel Mato, e a presidenta da entidade, Teresa Gallo, rubricaron hoxe o documento no pazo municipal


O Concello firma un convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra por un importe de 27.000 euros

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), Teresa Gallo, firmaron esta mañá un convenio de colaboración de 27.000 euros para o mantemento do servizo de interpretación de lingua de signos. Esta axuda forma parte do anexo de subvencións nominativas do Concello de Ferrol para este exercicio aprobado polo pleno municipal o pasado 27 de abril. 


Mato expresou tras rubricar o convenio o seu agradecemento polo labor que a entidade desenvolve desde hai anos na nosa cidade co fin de “facilitar” a vida das persoas xordas. O alcalde sinalou especialmente o “esforzo” da asociación neste momento nel que a pandemia presenta aínda maiores dificultades. 

Pola súa banda, Gallo indicou o seu agradecemento ao Concello de Ferrol polo seu apoio á entidade a través dunha subvención que se destinará ao servizo de interpretación da lingua de signos, moi necesario agora que o uso das máscaras “dificultan a nosa comunicación”, expresou. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar