Novas

venres, 04 de setembro de 2020

Ángel Mato tratou co representante veciñal de Serantes asuntos de interese para o barrio

O alcalde, acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, escoitou onte no local social da entidade as súas demandas e percorreu distintos puntos da zona


Ángel Mato tratou co representante veciñal de Serantes asuntos de interese para o barrio

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, mantivo unha reunión na tarde de onte co presidente da asociación de veciños de Serantes, Luis Casas, para abordar asuntos de interese para o barrio e escoitar as súas demandas máis inmediatas. Ao encontro, que tivo lugar no local social da entidade, acudiu tamén o concelleiro de Urbanismo e Movilidade, Julián Reina. 


Durante a reunión, o alcalde repasou co representante veciñal os proxectos que o Concello de Ferrol ten en marcha no barrio, como é o caso da segunda fase das beirarrúas de Serantes. Mato explicou ao representante veciñal que xa se firmaron os pagos das expropiacións para levar a cabo a actuación. Trátase do paso previo á licitación da obra, tal e como explicou o alcalde, e apuntou que se trata dunha actuación que estará acompañada pola construción de beirarrúas tamén na vía perpendicular, a estrada de acceso ao cemiterio de Serantes, co fin de dar seguridade a unha zona moi transitada e de dotala dos servizos necesarios. 

Tras a reunión, o alcalde, o concelleiro de Urbanismo e o representante veciñal percorreron varios puntos de Serantes para comprobar o estado do barrio e interesarse polas súas necesidades. Mato expresou a súa vontade de seguir traballando polo rural e manter contacto periódico coas asociacións veciñais da cidade. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar