Novas

martes, 08 de setembro de 2020

O Concello avanza no plan de reparación de lousas da Magdalena

Esta mesma mañá executáronse traballos na intersección das rúas Coruña e Dolores e nos últimos días en Real


O Concello avanza no plan de reparación de lousas da Magdalena

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras e Servizos, que dirixe Ana Lamas, puxo en marcha a finais de agosto o plan de reparación de lousas no barrio da Magdalena, que contempla a reposición de elementos rotos, afundidos ou a colocación de novos no barrio da Magdalena, un proxecto que contempla ao redor de 300 intervencións e cuxo prazo de execución é de dous meses. A edil visitou o pasado mes os traballos na rúa Real, onde, seguindo o programa de obras, nos últimos días reparáronse varias lousas. Esta mesma mañá executáronse traballos de reparación na intersección das rúas Coruña e Dolores. 


O plan de reparación de lousas, que conta cun orzamento de preto de 40.000 euros, céntrase en rúas peonís do centro da cidade nas que se detectaron perigos para o tránsito dos viandantes. Consiste na recolocación de pedras que están soltas ou desniveladas. As que estean deterioradas están a ser substituídas por outras de características similares e onde hai afundimentos na rúa se están a reparar tratando de conservar as lousas existentes. Tamén se están a realizar traballos complementarios en arquetas, bolardos, bordos ou adoquín. As principais rúas nas que se está a actuar son Magdalena, Real, Dolores, María, Sol, Sánchez Barcáiztegui, Coruña, Igrexa, praza de España e Amboage, entre outras. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar