Novas

martes, 08 de setembro de 2020

As obras de reurbanización en Basanta obrigan a establecer o sentido único na vía

A partir das 8.00 horas de mañá instalarase a sinalización


 As obras de reurbanización que está a executar o Concello de Ferrol na rúa Basanta obrigan desde mañá a limitar o tráfico de vehículos a un único sentido, en dirección ao municipio de Narón, co fin de garantir a seguridade na zona debido á necesidade de traballar na calzada con maquinaria. Desde o departamento de Seguridade indican que o acceso á FE-13 será polo ponte das Cabras e a estrada de Castela. 


A intervención en Basanta ten como obxectivo ampliar unha vía que nalgúns puntos non ten máis de catro metros de ancho, e que agora pasará a ter unha plataforma de 14, incluíndo dous carrís de 2,80, dúas bandas de estacionamento de 2,20 e sendas beirarrúas de 2 metros. O tramo ao que afecta esta actuación supera o medio quilómetro de lonxitude. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar