Novas

mércores, 09 de setembro de 2020

O Concello inicia os trámites para sobrevoar Ferrol cun dron e detectar niños de vespa velutina

A concellería de Seguridade, que dirixe Germán Costoya, fai un chamamento á cidadanía para que informe dos posibles refuxios deste exemplares no número de atención telefónica 012. O corpo de Bombeiros de Ferrol atendeu o 100 % dos avisos


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Seguridade, Germán Costoya, vén de iniciar os trámites para solicitar á Agencia Estatal de Seguridad Aérea (AESA) os permisos correspondentes para realizar voos co dron que o corpo de Bombeiros acaba de adquirir recentemente en puntos concretos da cidade susceptibles de acoller niños de vespa velutina. O novo dron conta cunha cámara con capacidade de visión térmica, o que fai posible detectar focos de calor aínda que non se poidan observar directamente. 


Desde a concellería de Seguridade indican que os niños de vespa velutina rondan os 35 grados de temperatura, polo que detectar esa diferencia respecto a outros elementos do entorno arroxa información moi valiosa de cara á localización dos niños. 

O corpo de Bombeiros revisou esta mesma mañá o entorno da praza de Armas, onde se localizaron varios exemplares. Neste senso, desde a concellería de Seguridade fan un chamamento á cidadanía para que informe sobre posibles niños no número de teléfono 012. Ata o momento, o corpo de Bombeiros atendeu o 100 % dos avisos recibidos a través desta canle. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar