Novas

mércores, 09 de setembro de 2020

O Concello adquire dispensadores de xel hidroalcohólico de pedal para os comedores dos CEIP

O concelleiro de Educación e Cultura, Antonio Golpe, anunciou hoxe esta medida, que se suma ao protocolo elaborado pola súa concellería co fin de proporcionar aos escolares “comedores seguros” de cara ao inicio das clases


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Educación, que dirixe Antonio Golpe, vén de anunciar a adquisición de dez dispensadores de xel hidroalcohólico de pedal para cada un dos comedores escolares dos dez CEIP de Ferrol: o Cruceiro de Canido, Esteiro, Recimil, A Laxe-Valón, Manuel Masdías, Pazos, Ponzos, San Xoán de Filgueira, Isaac Peral e Juan de Lángara. 


Trátase dunha “moi boa solución”, explicou Golpe, para “evitar o contacto de mans dos escolares usuarios dos comedores no momento da súa desinfección agora que comeza o curso”. A compra destes dispensadores, que se poden recargar, supuxo ao Concello un gasto total de máis de 20.000 euros e estarán colocados en cada un dos comedores para uso dos usuarios. 

Esta medida anunciada hoxe polo concelleiro de Educación súmase ás postas en marcha para a xestión dos comedores escolares. “As familias deben saber que o Concello, dentro das nosas posibilidades, estamos a poñer todos os nosos medios para establecer comedores seguros”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar