Novas

mércores, 09 de setembro de 2020

O Concello publica a segunda convocatoria do PAME

Tras o pago das axudas concedidas na primeira edición do Plan de Mellora para a Empregabilidade, o goberno local abre unha nova edición co fin de seguir impulsando a economía local e a protección do emprego da cidade, afectados pola pandemia. O prazo para presentar solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP. O importe deste segundo paquete de subvencións é de 297.610 euros


O Concello de Ferrol aprobou o pasado luns a segunda convocatoria de subvención para o Plan de Mellora para a Empregabilidade (PAMEFerrol), un proxecto deseñado pola concellería de Emprego e Promoción Económica, da que é titular María Teresa Deus, co fin de axudar ao impulso económico e protección do emprego, afectados pola pandemia. Recentemente o Concello ingresou as axudas da primeira convocatoria, por ao redor de 1,7 millóns de euros entre 1.155 beneficiarios. Co remanente ata chegar aos 2 millóns, o orzamento destinado polo Concello para o PAME, o Concello publica agora unha segunda convocatoria, cuxo orzamente ascende a 297.610 euros. Desta quedan excluídas todas as persoas que resultaron beneficiarias na anterior edición. 


O prazo para presentar solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP. Deberán dirixirse ao negociado de Promoción Económica e Emprego e deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol: https://www.ferrol.gal/Sede. Os interesados poden consultar toda a información na páxina web municipal do Concello de Ferrol, apartado “Axudas Pame” https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indice.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar