Novas

xoves, 10 de setembro de 2020

A edil Eva Martínez Montero visita o taller de estimulación que desenvolve Afal no antigo Hospicio

A concelleira de Benestar Social vén de anunciar que os usuarios do programa xa dispoñen dun acceso adaptado no edificio de Méndez Núñez, onde de forma “provisional” se levan a cabo as sesións


A edil Eva Martínez Montero visita o taller de estimulación que desenvolve Afal no antigo Hospicio

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, visitou o pasado luns o salón de actos do antigo Hospicio, onde de forma “provisional” a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ferrolterra (Afal) desenvolve o taller Estimulación en Estadios Iniciais, explica a edil. A cesión con carácter temporal deste espazo municipal á entidade social é froito da coordinación entre as concellerías de Patrimonio, que dirixe María Teresa Deus, e a de Benestar Social, da que é titular Martínez Montero. 


Durante a visita, responsables de Afal solicitaron á edil a posibilidade de habilitar un acceso adaptado ao recinto, petición que xa foi satisfeita por parte da concellería de Benestar Social. Tamén acordaron manter unha reunión o próximo 7 de outubro co fin de abordar asuntos de interese para a asociación e explorar novas vías de colaboración. Por último, Martínez Montero acordou que a fachada do teatro Jofre iluminarase o próximo 21 de setembro con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar