Novas

xoves, 10 de setembro de 2020

James Rhodes fixa para o próximo 10 de abril a súa actuación no Auditorio

Ferrol é unha das cidades que elixe o pianista británico para conmemorar os 250 anos do nacemento de Beethoven


James Rhodes fixa para o próximo 10 de abril a súa actuación no Auditorio

A actuación que o pianista británico James Rhodes tiña prevista para o 19 de setembro no Auditorio de Ferrol aprázase para o 10 de abril do próximo ano. As entradas xa adquiridas son igualmente válidas para esa nova cita sen necesidade de efectuar ningún cambio. Abriranse as portas ás 20.30 horas e media hora despois comezará o espectáculo. Todas as persoas que as adquiriron a través de Ataquilla.com recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir no caso de que desexen devolvelas, sempre antes do 24 de setembro. Polo contrario, as entradas mercadas no despacho de billetes do Teatro Jofre poden devolverse aí mesmo de martes a venres de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas, tamén antes do 24 deste mes. 


Un repaso pola obra de Beethoven 
Ferrol é unha das cidades que elixiu o músico británico, afincado en Madrid desde 2017, para conmemorar os 250 anos do nacemento de Ludwig van Beethoven. Rhodes interpretará nun concerto de 90 minutos tres obras do músico alemán, as sonatas Pastoral, Waldstein e a nº 27 Op. 90 en mi menor. Farao co seu particular estilo, co toque persoal que pon en cada unha das súas actuacións coa intención de desfacer o halo de solemnidade que envolve á música clásica e achegala ao gran público. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar