Novas

luns, 14 de setembro de 2020

O Concello abre o prazo para presentar solicitudes á segunda convocatoria do PAME

O goberno local puxo en marcha o Plan de Mellora para a Empregabilidade co fin de impulsar a economía local e outorgar liquidez ás empresas co fin de amortizar a redución drástica dos seus ingresos como consecuencia da covid-19. Os interesados deben presentar a documentación por medios telemáticos antes das 23.59 horas do próximo 9 de outubro


O Concello abre o prazo para presentar solicitudes á segunda convocatoria do PAME

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou esta fin de semana o extracto da segunda convocatoria das axudas PAME Ferrol, o Plan de Mellora para a Empregabilidade deseñado polo Concello de Ferrol, a través da concellería de Emprego e Promoción Económica, que dirixe a segunda tenente de alcalde, María Teresa Deus, co fin de “impulsar a actividade económica da cidade tras a situación xerada pola covid-19” ao tempo “protexer o emprego dos nosos veciños”, explicou a edil. Trátase dun novo paquete de medidas que busca outorgar “liquidez ás empresas de Ferrol para contribuír a manter a actividade e o emprego na nosa cidade, amortizar a redución drástica de ingresos nos últimos meses e facilitar o cumprimento das súas obrigacións empresariais”. 


Xa abonadas as axudas da primeira convocatoria, de 1,7 millóns de euros
Recentemente o Concello de Ferrol ingresou as axudas da primeira convocatoria, por ao redor de 1,7 millóns de euros entre 1.155 beneficiarios. Co remanente ata chegar aos 2 millóns —o orzamento destinado polo goberno local para o PAME— o Concello publica agora unha segunda convocatoria, cuxo orzamente ascende a 297.610 euros. Desta quedan excluídas todas as persoas que resultaron beneficiarias na anterior edición. O prazo para presentar a documentación para esta segunda convocatoria remata ás 23.59 horas do próximo 9 de outubro. Deben entregarse unicamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol (https://www.ferrol.gal/Sede) dirixidas ao Negociado de Promoción Económica e Emprego. Toda a información sobre este segundo paquete de axudas pode consultarse na páxina municipal https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indice.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar