Novas

luns, 14 de setembro de 2020

O Concello promove saídas de balde guiadas pola Sociedade Galega de Historia Natural

As actividades, no marco do convenio “A Biblioteca sae ao medio” entre a concellería de Educación, que dirixe Antonio Golpe, e a entidade, desenvolveranse os días 19 e 26 de setembro. na praia de Doniños e o 3 de outubro nos xardíns urbanos Os interesados en participar deben inscribirse chamando ao número de teléfono 698 141 384


O Concello promove saídas de balde guiadas pola Sociedade Galega de Historia Natural

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Educación, que dirixe Antonio Golpe, no marco do convenio de colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural “A Biblioteca sae ao medio” promove tres saídas guiadas de balde á praia e lago de Doniños e aos xardíns urbanos de Ferrol. 


A primeira terá lugar o próximo sábado, 19 de setembro, ao areal ferrolán. Será de noite, de 21 a 00.00 horas co fin de descubrir as sensacións inéditas da natureza na escuridade. O día 26, desenvolverase a segunda saída tamén a Doniños, neste caso de 10.30 a 13.30 horas, á luz do día. A terceira e última saída será o sábado 3 de outubro, de 11.30 a 13.30 horas, aos xardíns históricos da cidade co fin de pasear polas especies e flora e fauna que comparten os máis antigos dos espazos verdes de Ferrol. 

Os grupos serán dun máximo de 20 persoas e a inscrición é obrigatoria. Os interesados en participan deben inscribirse chamando ao número de teléfono 698 141 384. No marco do protocolo covid, será obrigatorio o uso da máscara protectora durante toda a actividade, manter a distancia de seguridade entre participantes e non se permitirá compartir roupa, bastóns, bebida e alimentos con xente allea a un mesmo núcleo familiar.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar