Novas

martes, 15 de setembro de 2020

Julián Reina aborda cos veciños de Santa Mariña a necesidade de instar aos residentes a que reforcen o mantemento das súas parcelas

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas tratou asuntos de interese para o barrio, como a recente limpeza da pasarela e o desnivel entre a estrada da Deputación e viarios perpendiculares


Julián Reina aborda cos veciños de Santa Mariña a necesidade de instar aos residentes a que reforcen o mantemento das súas parcelas

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, mantivo recentemente unha reunión cos veciños de Santa Mariña para escoitar as demandas dos residentes e abordar diferentes asuntos de interese para o barrio. 


O edil está a reunirse cos representantes veciñais da cidade, tanto do centro como da zona rural, co fin de “manter contacto periódico coas asociacións e atender as súas necesidades”, dixo Reina. “A nosa vontade é que os nosos veciños saiban que poden contar coa seu Administración máis próxima, o seu Concello”. 

Durante o encontro cos representantes veciñais, o edil abordou a recente finalización dos traballos de roza nas inmediacións da pasarela de Santa Mariña, o estado das vías e a necesidade de instar aos residentes do barrio a que “reforcen as intervencións de mantemento nas súas parcelas”. 

Reina indicou que a reunión tamén serviu para revisar danos no barrio e analizar diferentes opcións para rebaixar o desnivel existente entre a estrada de Santa Mariña, titularidade da Deputación da Coruña, e os viarios perpendiculares, á altura da igrexa. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar