Novas

mércores, 16 de setembro de 2020

Afundación e o Concello repartiron preto de 15.000 menús a nenos e maiores durante o verán

A edil de Benestar Social, Eva Martínez Montero, indicou que o programa Cubertos, que rematou co inicio do curso escolar, entregou 4.350 na Casa Solidaria, 3.450 no Edificio Social, 3.900 no Carballo Calero e 2.800 no centro cívico de Caranza


Afundación e o Concello repartiron preto de 15.000 menús a nenos e maiores durante o verán

O Concello de Ferrol e Afundación puxeron en marcha este verano o programa Cubertos, que proporcionou durante as vacacións estivais menús saudables a menores en risco de pobreza o exclusión social. O fin foi apoiar ás familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise da covid-19, garantindo aos pequenos unha alimentación adecuada precisamente nos meses nos que se interrompen os programas de becas comedor. 


O Concello, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, puxo a disposición de Afundación catro puntos de reparto, nos que en total entregáronse 14.500 menús, ao redor de 290 diarios. Na Casa Solidaria repartíronse 4.350, no Edificio Social, 3.450; no centro Carballo Calero, 3.900 e 2.800 no centro cívico de Caranza. Entregáronse de luns a venres a nenos da cidade que percibían beca comedor, aos seus irmáns e a aqueles que as unidades básicas da concellería de Benestar Social estipularon como beneficiarios de dito recurso. 

Ferrol tamén cos maiores 
O programa Cubertos púxose en marcha nas sete principais cidades galegas en colaboración cos concellos, e en total proporcionáronse preto de 80.000 menús. O Concello de Ferrol, ademais, solicitou a Afundación que tamén incluíra outras 16 persoas maiores usuarios de comedores sénior en Ferrol “e que se viron afectados polo seu peche como consecuencia da covid-19”, explica a edil. 

Para eles, e mentres continúen pechados os comedores sénior, o Concello entregaralles un vale de alimentos. Pola súa banda, para aquelas persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade económica e tamén con problemas de mobilidade, o Concello de Ferrol tramitoulles o servizo Xantar na Casa.

Un traballo “impecable” 
Martínez Montero explicou que grazas a esta iniciativa, “que nunca se desenvolvera en Ferrol durante os meses de verán, deuse a oportunidade a case 300 nenas e nenos, e tamén a un grupo de 16 maiores da nosa cidade, de contar con menús diarios para xantar e, así, que as familias non viran aínda máis resentidas as súas economías polas consecuencias de esta gran crise social provocada pola pandemia”. Do mesmo xeito, Martínez Montero agradeceu a Afundación a “iniciativa, a colaboración e o traballo impecable ao longo destes meses e tamén o esforzo realizado polas traballadoras sociais e polo resto do persoal municipal pola xestión desde o primeiro momento”. 

Os menús elaboráronse segundo as recomendacións da Estratexia NAOS da Axencia Española de Seguridad Alimentaria e Nutrición (AESAN), que engloba accións para inculcar hábitos de vida saudables a través da alimentación e o exercicio. Con este obxectivo, os menús, elaborados en empresas galegas especializadas e supervisados por nutricionistas. 





Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar