Novas

mércores, 16 de setembro de 2020

Ferrol opta a formar parte da campaña Agresión off

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, anunciou que o fin é poñer en marcha accións de sensibilidade e prevención da violencia sexual a través dun stand e de varios obradoiros


O Concello de Ferrol, a través da concelleira de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, presentou a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Igualdade para formar parte da campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual 2020, que consistirá na instalación na cidade dun stand informativo no que se ofrecerán obradoiros divulgativos. 


Prados tamén indicou que no último Consello da Muller, celebrado a semana pasada, presentouse a proposta de actividades deseñadas pola súa concellería para celebrar o 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Prados indicou que as achegas aportadas no Consello serán recollidas na programación definitiva e lembrou que as actividades se levarán a cabo segundo o protocolo covid. 

Neste senso, está prevista a elaboración dun folleto informativo sobre a importancia do bo uso das novas tecnoloxías e dos riscos que poden xurdir polo manexo irresponsable de aplicacións e redes sociais. A programación para o 25-N tamén contempla a celebración de microteatros nos locais de ocio —tras a boa acollida do pasado ano— e tamén na zona rural. Prados insistiu na necesidade de “dar a máxima visibilidade a este día” co fin de mostrar a “contundencia deste equipo de goberno na loita contra a violencia machista”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar