Novas

martes, 22 de setembro de 2020

A exposición fotográfica ‘Os soños esquecidos’, do ferrolán Carlos Muíños, pode visitarse ata o próximo domingo no Torrente Ballester

A mostra, na Sala de Proxectos do centro cultural, está aberta ao público de martes a sábado de 11 a 14 horas e de 19 a 21 h. A exposición, que xa visitaron mais de 300 persoas en pouco mais de tres semanas, recolle unha serie de imaxes Urbex, unha disciplina que ten como protagonista un lugar abandonado


A exposición fotográfica ‘Os soños esquecidos’, do ferrolán Carlos Muíños, pode visitarse ata o próximo domingo no Torrente Ballester

 A exposición “Os soños esquecidos”, que acolle desde finais de agosto o Torrente Ballester, pechará ao público o próximo domingo, 27 de setembro. O autor, o fotógrafo ferrolán Carlos Muiños, expón o seu traballo de fotografía Urbex —unha disciplina que ten como protagonista un lugar, polo xeral, abandonado— na Sala de Proxectos do centro cultural. Trátase dunha serie de fotografías que proporcionan unha “forma distinta de entender o paso do tempo sobre a cidade resumindo toda unha maneira de ver o lugar que nos rodea”, en palabras do autor. 


Mais de 300 persoas visitaron xa “Os soños esquecidos” en pouco mais de tres semanas, unha mostra, explica Muíños, que non só recolle imaxes de espazos abandonados, tamén trata de localizar lugares cun valor arquitectónico “que están fora do alcance da meirande parte da poboación”. Require “un estudo previo dos espazos, recoller información, viaxar ao lugar, buscar unha entrada e sacar tódalas fotos posibles”. 

O horario de visita é de 11 a 14 horas e de 19 a 21 horas, de martes a sábado.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar