Novas

mércores, 30 de setembro de 2020

O Concello entrega preto de 900 máscaras protectoras aos comerciantes e hostaleiros de Canido

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, María Teresa Deus, proporcionou esta mañá á asociación Hoscompro Canido os equipos de protección individual (EPI). A edil tamén entregou hoxe outras 600 unidades á Asociación de Escolas Infantís de Ferrol


O Concello entrega preto de 900 máscaras protectoras aos comerciantes e hostaleiros de Canido

O Concello de Ferrol iniciou a finais de maio o reparto de equipos de protección individual (EPI) entre os colectivos de comerciantes, hostaleiros e taxistas da cidade. A través das asociacións, o goberno local está a facer chegar as máscaras protectoras aos propietarios dos establecementos co fin de contribuír á loita contra a expansión da covid-19 entre a poboación. 


A concelleira de Promoción Económica e Turismo, María Teresa Deus, entregou esta mañá á asociación de comerciantes e hostaleiros Hoscompro Canido, na farmacia da rúa Alegre, preto de 900 máscaras protectoras, que serán distribuídas entre os propietarios dos negocios do barrio. A continuación a edil entregou outros 600 equipos de protección á Asociación de Escolas Infantís de Ferrol. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar