Novas

venres, 02 de outubro de 2020

O prazo para presentar solicitudes á segunda convocatoria das axudas a autónomos e pymes remata o próximo venres

A primeira convocatoria do Plan de Mellora para a Empregabilidade (PAME) deseñado polo Concello de Ferrol co fin de paliar os efecto negativos da covid-19 no tecido económico da cidade xa abonou 1,7 millóns de euros entre 1.155 negocios


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica, que dirixe María Teresa Deus, deseñou o Plan de Mellora para a Empregabilidade (PAME Ferrol), un paquete de axudas dotado de dous millóns de euros dirixido a autónomos e pymes da cidade coa finalidade de paliar os efectos negativos da covid-19 no tecido económico. 


A principios do mes de setembro o Concello abonou gran parte das subvencións, 1,7 millóns entre 1.155 beneficiarios. Co remanente ata chegar aos 2 millóns, un total de 297.610 euros, o goberno local publicou unha segunda convocatoria de axudas, da que quedan excluídos os negocios que resultaron beneficiarias na anterior edición. 

O prazo para presentar solicitudes a esta segunda convocatoria remata o próximo día 9 de outubro, ás 23.59 horas. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol. Os interesados poden consultar toda a información na páxina web municipal do Concello de Ferrol, apartado “Axudas Pame”: https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indice.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar