Novas

venres, 02 de outubro de 2020

O Corpo de Bombeiros realizou varias intervencións con motivo das últimas choivas

Varios efectivos acudiron de madrugada á Avenida do Mar por unha inundación na vía e retiraron unha árbore que cortaba un carril en Valón


O Corpo de Bombeiros de Ferrol atendeu nas últimas horas varias incidencias motivadas polas intensas choivas e polo forte vento. Preto da unha da mañá varios efectivos acudiron á Avenida do Mar por inundacións na vía e pasadas as seis acudiron á estrada de Valón por un eucalipto caído que obstaculizaba o paso de vehículos. Tamén se retiraron árbores na rúa Vilasánchez, nos camiños da Pega e do Sarxento e nas estradas da Malata e Catabois. 


Os efectivos tamén procederon ao longo desta mañá a retirar o valado dunha obra na aldea do Vilar, unha persiana na rúa Ignacio Martell e unha antena na avenida de Vigo, tal e como informou o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar