Novas

martes, 06 de outubro de 2020

O concelleiro Julián Reina abordou cos veciños de Canido asuntos de interese para o barrio

O responsable de Urbanismo mantivo a pasada semana unha reunión co presidente da asociación para tratar, entre outros aspectos, o novo aparcamento municipal


O concelleiro Julián Reina abordou cos veciños de Canido asuntos de interese para o barrio

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, mantivo a pasada semana un encontro co presidente da asociación de veciños de Canido, Roberto Taboada, para abordar asuntos de interese para o barrio no marco das reunións que vén mantendo nos últimos meses co tecido veciñal da cidade co fin de tomar o pulso da sociedade ferrolá. 


No encontro co representante veciñal de Canido abordaron a próxima apertura do estacionamento municipal do barrio, o funcionamento da dobre dirección recentemente habilitada na rúa Almendra, o viario na traseira do centro cívico do barrio así como o futuro do entorno do Lavadoiro no parque de Insúa de Canido. 

Reina agradeceu a “boa disposición” mostrada polo presidente da entidade veciñal para traballar de forma conxunta co Concello de Ferrol e engadiu que manterá o contacto coa asociación ao igual que co resto de entidades veciñais coa intención de “escoitar as demandas e necesidades dos ferroláns e deste modo avanzar na mellora da cidade”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar