Novas

venres, 09 de outubro de 2020

O concelleiro Julián Reina abordou cos veciños de Ultramar próximas actuacións no barrio

O responsable de Urbanismo tamén tratou coa presidenta da asociación veciñal o recente reforzo nos traballos de mantemento


O concelleiro Julián Reina abordou cos veciños de Ultramar próximas actuacións no barrio

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, mantivo hai uns días unha reunión de traballo coa presidenta da asociación de veciños de Ultramar, Natalia Ares, para abordar asuntos de interese para o barrio no marco das reunións que vén mantendo nos últimos meses co tecido veciñal da cidade co fin de escoitar as demandas dos ferroláns. 


No encontro, Reina e a representante veciñal analizaron a necesidade de executar traballos de aglomerado e melloras en viarios do barrio, tal e como explicou o edil. Tamén abordaron o recente reforzo nos labores de mantemento en distintos puntos de Ultramar, como é o caso da sega que se executou na rúa Santa Comba. 

O concelleiro agradeceu a “boa disposición” mostrada pola presidenta da entidade para traballar de forma conxunta co Concello de Ferrol e engadiu que manterá o contacto coa asociación ao igual que co resto de entidades veciñais coa intención de “potenciar a comunicación co tecido veciñal para, entre todos, avanzar na mellora da cidade”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar