Novas

venres, 09 de outubro de 2020

O espectáculo de monicreques “Óscar, el niño dormido”, que se ía representar no Jofre o domingo, queda aprazado

Por motivos alleos ao Concello, a función adíase ao 2021


Motivos alleos ao Concello obrigan a adiar a representación de Óscar, el niño dormido, espectáculo de monicreques que estaba programado no Teatro Jofre para o vindeiro domingo, 11 de outubro. 


As persoas que xa adquiriran entradas para asistir á función poden dirixirse ao despacho de billetes do teatro para devolvelas. Ademais, no caso de que as mercaran a través da plataforma dixital, recibirán unha comunicación na que se lles explicará cómo proceder. Máis información en http://www.ferrol.es/jofre/ e no teléfono 981 944 245. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar