Novas

martes, 13 de outubro de 2020

A segunda convocatoria das axudas a autónomos e pymes impulsadas polo Concello recibe preto de 120 solicitudes

A primeira convocatoria do Plan de Mellora para a Empregabilidade (PAME) deseñado pola concellería de Promoción Económica co fin de paliar os efecto negativos da covid-19 no tecido económico da cidade xa abonou 1,7 millóns de euros entre 1.155 negocios


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica, que dirixe María Teresa Deus, deseñou o Plan de Mellora para a Empregabilidade (PAME Ferrol), un paquete de axudas dotado de dous millóns de euros dirixido a autónomos e pymes da cidade coa finalidade de paliar os efectos negativos da covid-19 no tecido económico. A principios do mes de setembro o Concello abonou gran parte das subvencións, 1,7 millóns entre 1.155 beneficiarios. 


Co remanente ata chegar aos 2 millóns, un total de 297.610 euros, o goberno local publicou unha segunda convocatoria de axudas, da que quedaban excluídos os negocios que resultaron beneficiarias na anterior edición. O prazo para presentar solicitudes a esta segunda convocatoria rematou o venres pasado e presentáronse un total de 119 solicitudes. Unha vez remate a avaliación de todas as peticións, nos próximos días publicaranse as listas provisionais dos propostos como beneficiarios, dos que non cumpren os requisitos e, polo tanto, son desestimados, e das solicitudes pendentes de entregar máis documentación, para o que proximamente se abrirá un prazo de subsanación. Pode consultarse toda a información na páxina web do Concello https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indice.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar