Novas

venres, 16 de outubro de 2020

O camiño do Pau da Bandeira permanecerá pechado ao tráfico durante a noite do domingo ao luns

Traballos de mantemento da vexetación obrigan a cortar esta vía que une a avenida da Residencia coa estrada de Catabois


Labores de mantemento da vexetación que vai levar a cabo a Empresa Municipal de Augas de Ferrol obrigarán a pechar ao tráfico o camiño do Pau da Bandeira na noite do domingo 18 ao luns 19. O inicio do corte programouse para as 22.00 horas, e está previsto que a vía se reabra ás 10.00. 


Mentres se leven a cabo os traballos, a rúa, que une a zona da avenida da Residencia coa estrada de Catabois, o tramo afectado permanecerá valado e a prohibición de acceder a el estará adecuadamente sinalizada. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar