Novas

venres, 16 de outubro de 2020

Aberto o prazo para inscribirse na Xornada LGBTI+

Terá lugar de forma telemática o 22 de outubro ás 19.30 horas


A concelleira de Igualdade, Cristina Prados, anunciou esta mañá que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na Xornada LGBTI+, que terá lugar de forma telemática o xoves 22 de outubro, ás 19.30 horas. Os interesados en participar na actividade de balde deberán enviar un correo electrónico ata o 21 deste mes a casadamuller@ferrol.es indicando nome e apelidos e recibirán o enlace para acceder á xornada on-line. 


Participarán a socióloga e sexóloga Noelia Teijeiro Cal para falar das ‘Discriminacións laborais, internacionais e de inclusión’ e o mestre e técnico do Observatorio LGTBI de A Coruña, Pablo Zas Varela, que abordará ‘A importancia da educación na prevención dos delitos de odio’. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar