Novas

luns, 02 de novembro de 2020

Cortes de tráfico nas rúas Sol, Terra, Eduardo Blanco Amor e Río Xubia por obras de mantemento en edificios

As restricións terán lugar entre mañá martes e o mércores


A Policía Local informa de varios cortes de tráfico previstos para esta semana en varias rúas da cidade con motivo da execución de obras de mantemento en edificios. A intersección entre Eduardo Blanco Amor e Real Alta estará pechada aos vehículos entre as 11 e as 15 horas de mañá, día 3. Ese mesmo día, entre as 8 e as 13 horas, haberá un corte de tráfico no cruce das rúas Sol e Coruña e de 9 a 13 horas e de 15 a 17 horas na rúa Río Xubia co cruce do Inferniño. O día 4, entre as 9 e as 14 horas, tamén se cortará o tráfico na intersección das rúas Terra e Praza de Canido. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar