Novas

luns, 02 de novembro de 2020

A posta en marcha do sistema de videovixilancia do tráfico aprázase ante a prioridade de destinar os recursos da Policía Local á loita contra a pandemia

A evolución da enfermidade e o peche perimetral de Ferrol, Narón, Fene e Neda ordenado pola Xunta o venres fixeron que se incrementasen o servizos relacionados coa covid


A posta en marcha do novo sistema de videovixilancia do tráfico que posibilitará á Policía Local mellorar o control da circulación en Ferrol aprázase como consecuencia das medidas excepcionais vixentes no municipio desde que o pasado venres a Xunta decretara o peche perimetral dos municipios de Ferrol, Narón, Fene e Neda ante a evolución da pandemia. A súa entrada en funcionamento estaba prevista para o día de hoxe, pero o goberno local estima que a prioridade agora mesmo é garantir o cumprimento responsable das medidas de seguridade e protección acordadas polas autoridades sanitarias, polo que os recursos da Policía Local se están a destinar ás tarefas de vixilancia co fin de protexer a saúde dos veciños, a prioridade absoluta do goberno local. 


O novo dispositivo de videovixilancia instalado nos vehículos da Policía Local está integrado por catro cámaras especiais, que se conectan a días tablets con rede de datos e días impresoras que se montan nos coches patrulla segundo as necesidades de cada servizo. Estes equipos facilitaranlles aos axentes o control da circulación e do cumprimento das normas, xa que son capaces de ler as matrículas sen lugar a erro aínda en movemento. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar