xoves, 05 de novembro de 2020
Alumnos de artes gráficas do IES Leixa participan no deseño da campaña municipal do 25N
A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, informou hoxe aos grupos da oposición na comisión ordinaria da área da programación do Concello para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Repartiranse 2.000 máscaras protectoras co lema da iniciativa, 500 calendarios e 2.000 chapas co fin de visibilizar a loita contra a violencia de xénero entre a poboación
A concelleira de Igualdade e Muller, Cristina Prados, informou esta mañá aos grupos da oposición na comisión ordinaria de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico da programación para conmemorar o próximo 25 de novembro o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. A concellería que dirixe Prados programou unha serie de actividades que finalmente víronse afectadas polas restricións das últimas datas ditadas polas autoridades sanitarias, polo que finalmente o Concello celebrará o 25N coa posta en marcha dunha campaña de concienciación para a que se contou coa participación dos alumnos de artes gráficas do IES Leixa de Ferrol. A iniciativa inclúe a distribución entre a poboación de ao redor de 2.000 máscaras protectoras, 500 calendarios con frases en prol da igualdade e 2.000 chapas. Poderán retirarse na Casa da Muller previa chamada ao 981 944 124.