Novas

xoves, 05 de novembro de 2020

O Concello repartirá 1.600 máscaras protectoras a menores vulnerables

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou esta mañá aos grupos da oposición na comisión ordinaria que a partir do próximos luns se repartirán no Edificio Social aos beneficiarios das axudas á escolarización e nas unidades básicas. A edil sinalou que a iniciativa forma parte do esforzo que o Concello está a facer “co único fin de protexer á sua poboación”


O Concello de Ferrol vai repartir 1.600 máscaras protectoras entre nenos e adolescentes vulnerables da cidade. Así o comunicou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, aos grupos da oposición durante a comisión ordinaria de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico que tivo lugar esta mañá de forma telemática. 


A partir do próximo luns, 9 de novembro, poderanse recoller no Edificio Social. Repartiranse aos menores beneficiarios das axudas á escolarización que cada ano outorga o Concello para afrontar os gastos do inicio do curso escolar. Cada neno recibirá dúas máscaras de tela, homologadas e reutilizables para ata 60 lavados. O resto distribuiranse a través das unidades básicas dos servizos sociais do Concello a menores en situación de vulnerabilidade. 

A concelleira indicou que esta iniciativa forma parte do “gran esforzo” que o Concello está a facer “co único fin de protexer á sua poboación” ao tempo que “frear a expansión da covid-19”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar