Novas

venres, 06 de novembro de 2020

O Concello adxudica a reparación das deficiencias nas pistas de atletismo da Malata

O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, indicou que se trata dunha intervención “de vital importancia” tendo en conta o número de usuarios que rexistra a instalación municipal


O Concello de Ferrol vén de adxudicar a reparación das deficiencias das pistas de atletismo do centro deportivo da Malata por un importe de 34.199,73 euros. Tal e como indicou o concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, os traballos que se van a realizar consisten no arranxo do revestimento acolchado do pavemento do tartán, o pintado de liñas, tarefas de limpeza, o cambio e suxeición da rede, a reparación de obstáculos e a colocación de placas de zona de saída e tamén as fixacións en aluminio. O proxecto, dixo, “inclúe labores de conservación e mantemento dos elementos”, unha intervención de “vital importancia” tendo en conta o número de usuarios que rexistra a instalación municipal. Os traballos empezarán nos próximos días sempre e cando a climatoloxía o permita. O prazo de execución ronda as dúas semanas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar