Novas

sábado, 07 de novembro de 2020

O Concello renovará o mobiliario do parque de personaxes populares

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, visitou o espazo verde para analizar xunto con técnicos municipais e representantes veciñais diferentes actuacións. A curto prazo a intención do goberno local é substituír as actuais papeleiras e bancos do recinto de Caranza


O Concello renovará o mobiliario do parque de personaxes populares

O Concello de Ferrol vai renovar o mobiliario urbano do parque de personaxes popuares, localizado entre as rúas Exército Español e Pedro Carvajal, en Caranza. O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, visitou esta semana o espazo verde acompañado por técnicos municipais e representantes veciñais para comprobar o estado do recinto e definir as actuacións que se levarán a cabo na zona axardinada. 


Durante a visita percorreron o lugar para analizar diferentes posibilidades e valorar as mellores opcións de cara a proxectar unha intervención no parque dos personaxes. A intención do goberno local a curto prazo, tal e como trasladou o edil, é comezar pola renovación de elementos como papeleiras e bancos. A concellería que dirixe Reina está actualmente analizando outras actuacións co fin de humanizar o espazo verde e adaptalo ás necesidades dos veciños. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar